REGULAMENTO

Artigo 1: Organización

 

Club de atletismo de Tui e NOKAO, en colaboración co Concello de Tui e diferentes entidades público privadas, organizan o próximo 8 e 9 de febreiro o TRAIL DO ALOIA.

O 8 de febreiro, dende as 16:30 horas se organizarán o ALOIA KIDS TRAIL, diferentes carreiras para os mais pequenos da casa, desde o 0 anos atas os 14, ambos inclusive.

O 9 de febreiro será o turno do Trail do ALOIA, con:

SPEED TRAIL 10k

GRAN TRAIL 20km

Será un espectacular percorrido polo Parque Nacional do monte Aloia.

Artigo 2: A proba

 

DIA 8 de Febreiro (ALOIA KIDS TRAIL)

Serán 4 probas totalmente de balde, para cativos con idades comprendidas entre os 0 e os 14 anos. As categorías serán:

BABYS : 0 a 4 anos, distancia 100 metros

BABY POWER: de 5 a 8 anos, distancia 700 metros

BABY ROCKET: de 9 a 11 anos, distancia 1000 metros

BABY WARRIORS: de 12 a 14 anos, distancia 1200 metros

As carreiras comezarán a partires das 16:30 horas, e tódolos participantes levarán un agasallo o rematar a proba

 DIA 9 de febreiro

Gran Trail do Aloia 20k a saída as 10:00 da mañan e reservado para corredores maiores de 16 anos.

 Speed Trail de 10k a saída será as 10:30 horas e reservado para maiores de 15 anos.

Artigo 3: Regulamento

 

A inscrición á proba implica a total aceptación deste regulamento. O presente regulamento será de estrito cumprimento para todos os participantes do Trail do Aloia

Artigo 4: Participación

 

Os participantes deberán respectar o medio no que se realiza a proba e manter limpo a contorna da mesma.

Para iso deberán comer e beber SEN DEIXAR NINGÚN ENVASE FÓRA DOS RECIPIENTES habilitados para tal uso. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO CARREXARÁ A

DESCALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR, podendo ser inhabilitado mediante un simple testemuño de calquera membro do equipo organizativo da Carreira.

A idade mínima de participación é de 15 anos cumpridos o mesmo día da proba, e non se permite a participación a ningún atleta menor de idade.

Está prohibido ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba.

O corredor do Trail do Aloia deberá levar o dorsal facilitado pola Organización en todo momento, nun lugar visible (parte pectoral dianteira) non podendo ser recortado, dobrado nin modificado. O INCUMPRIMENTO DESTE PUNTO, CARREXARÁ A DESCUALIFICACIÓN INMEDIATA DO CORREDOR.

Artigo 5: A carreira

 

O itinerario da carreira será sinalizado con cinta balizadora e señalética específica creada para a proba. O rutometro da mesma é o publicado na páxina web oficial da carreira (www.traildoaloia.com).

Calquera cambio ou modificación no mesmo farase público polos mesmos medios.

O percorrido non estará pechado ao tráfico, polo que os deportistas deberán extremar as precaucións e respectar o código de circulación viaria. Durante o transcurso da carreira, os participantes deberán FACER CASO Aos MEMBROS DA ORGANIZACIÓN da proba en todo momento. O non cumprimento deste punto, implicará a descualificación inmediata. A proba estará controlada de modo electrónico mediante o sistema de chip.

Artigo 6: Inscrición

 

A inscrición ao Trail do Aloia iniciarase a partir do 12 de decembro de 2024 a través da páxina web da proba e finalizará o día 7 de febreiro e os prezos de inscrición serán de:

ALOIA 10K:

Ata o 31 de decembro: 14 EUROS

Do 1 de xaneiro o 2 de Febreiro: 16 EUROS

2 o 7 de Febreiro: 18 EUROS

ALOIA 20K:

Ata o 31 de decembro: 18 EUROS

Do 1 de xaneiro o 2 de Febreiro: 20 EUROS

2 o 7 de Febreiro: 22 EUROS

A inscrición á proba inclúe:

– Dereito de participación.

– Seguro de accidentes e RC Bolsa do corredor.

– obsequio participación.

– Servizo médico -Avituallamiento nos puntos habilitados.

Artigo 7: Avituallamento

 

A organización poñerá a disposición de todos os participantes de avituallamientos repartidos en todo o percorrido onde poderán fornecerse de auga, isotónico, comida e froita, ademais doutros produtos postos pola organización.

.

Artigo 8: Dereitos de imaxe

A organización poderá utilizar as imaxes, vídeos e son dos participantes durante a proba, incluíndo momentos previos e posteriores, desde a recollida de dorsais, entrega de premios e traslado dos participantes, para a promoción e difusión da proba sen ningún límite temporal para utilizalos.

.

Artigo 9: Categorías

 

Establécese as seguintes categorías en GRAN TRAIL 20K:

-Absoluto (masculino e feminino)

-Sénior (masculino e feminino)

-Veteranos 40 (masculino e feminino)

-Veteranos 50 (Masculino e Feminino)

 

Establécese en SPEED Trail 10K:

-Absoluto (masculino e feminino)

-Veteranos 40 (masculino e feminino)

-Veteranos 50 (Masculino e Feminino)

 

Establécese a categoría especial «empadroados de TUI» os tres primeiro@s da distancia GRAN TRAIL 20K.

En SPEED TRAIL 10K Terán trofeos o ganador e gañadora

Premios NON acumulables, salvo na categoría de empadroados de TUI.

Os trofeos e bolsa do corredor unicamente entregaranse presencialmente e durante a proba. Non se realizarán envios a posterior.

Artigo 10: Cancelacións

 

Só se admitirán cancelacións á proba aos atletas inscritos que o comuniquen antes do 1 de Febreiro de 2025 ao mail eventos@nokao.es. A devolución do importe será do 50% do importe pago pola inscrición.

.

Artigo 11: Servizo gardarroupa

A organización poñerá un servizo de gardarroupa para os participantes.

Artigo 12: Normas ambientais

 

A participación na proba implica o coñecemento e a aceptación destas normas de carácter especial para co medio ambiente: – Unha parte da proba desenvólvese no interior de espazos protexidos que albergan unha flora e unha fauna sensible e vulnerable e na que os participantes deben actuar con coidado e responsabilidade.

.

Política de privacidade

Política de Cookies

Aviso legal